División de Honor Cadete Galega Sárdoma C.F. 33ª Xornada

By Ren

Sárdoma CF 3 – Calasancio 2

A falta dunha soa xornada para o remate da competición o Sárdoma aguanta a cuarta posición, un punto por riba do Areosa e dous por debaixo do Montañeiros. Polo tanto a resolución deses tres postos, do terceiro o quinto, queda para a derradeira xornada de liga, cando xa sabemos o campión, Deportivo da Coruña, e os postos de descenso quedaron definidos definitivamente despois desta xornada: A Seca, Ourense, Ponte Ourense e Xuventude Aguiño.

O Montañeiros enfróntase ao pechacancelas da clasificación, en teoría no debería sufrir para reter a súa posición na táboa. Máis difícil se presenta a saída do Sárdoma CF a Pontevedra para enfrontarse co A Seca, a pesar de estar descendido. Por último, o Areosa visita Santiago, cos locais sen aspiracións a nada e pensando nas vacacións. Así as cousas só queda pensar en gañar para manter o cuarto posto, mentres se agarda un milagre na Coruña e sen facerse moitas ilusións coa vista posta en Santiago.

En canto ao pertinente da entrada, sufriuse demasiado perante un rival incómodo polos métodos ruíns e maliciosos que empregan na contención, aínda que os xogadores de medio campo cara a arriba se prestan a xogar e combinar habilmente o balón. O primeiro tempo rematou igualado, igual que o foi o desenvolvemento do xogo. Na segunda quenda o Sárdoma CF foi superior, puido rematar o encontro cun resultado máis amplo e folgado pero entre os liñas e o colexiado impediron que tal suceso se producise. Finalmente, conseguiuse a vitoria, que á postre era o fundamental para conservar a posición na clasificación co equipo fracamente desgastado dende fai ben xornadas. Os goleadores foron: Cristian, Michael e Pedro.

Os mellores momentos do encontro podedes atopalos aquí.

Resultados e clasificación.

Aburiño!!

Etiquetas: , ,

Deixa un comentario