División de Honor Cadete Galega Sárdoma C.F. 32ª Xornada

By Ren

Deportivo da Coruña 5 – Sárdoma CF 3

Moito campión este que non deu opción á sorpresa, rematando o primeiro tempo cun esclarecedor tres a un, con gol de Víctor polo Sárdoma CF. Así como no primeiro tempo o conxunto vigués saíu algo timorato e descentrado, concedendo demasiada facilidades defensivas co equipo aparentemente mermado física e psíquicamente, a temporada fíxose moi longa no último tramo de competición, no segundo tempo igualaron as forzas e xogaron con máis soltura e graza o que lles permitiu marcar dous goles e manter a intensidade do equipo herculino ao máximo durante todo o encontro. Co tres a dous Víctor dispuxo dun clara oportunidade para igualar a contenda, ilusión que se esvaeceu na xogada posterior cando eles non perdoaron. Festival de goles e fútbol entre dos conxuntos que deixaron moi boa impresión ao longo do ano. Os tantos do Sárdoma C.F. no segundo tempo foron de Pedro e dun inmenso Víctor, de fenomenal xogada individual.

Os mellores momentos do encontro podedes atopalos aquí.

Resultados e clasificación.

Aburiño!!

Etiquetas: , ,

Deixa un comentario