Xuventú Aguiño 1 – Sárdoma CF 2
Como se vén recollendo acotío nas anteriores semanas nefasto encontro do equipo fronte ao derradeiro conxunto da táboa clasificatoria, que mostrou moita máis entrega e ilusión por levarse os tres puntos. E ben que puideron facelo, de estares máis acertados de cara á meta visitante; dispuxeron de non poucas oportunidades e algunhas bastante manifestas, mais quedou patente a súa posición e o feito de que sexan o único equipo da competición sen vitorias no seu casilleiro.
Respecto ao Sárdoma CF, só lamentar a preocupante desidia amosada onte perante un rival, en teoría, inferior e a galopante crise de actitude e xogo do grupo.
En canto ao encontro, adiantáronse os visitantes ao pouco de comezar este, nunha gran xogada individual de Pedro que rematou ao fondo das súa propia meta un defensa local. Xa no segundo tempo, e despois dunha primeira parte chea de despropósitos e imprecisións, igualou merecidamente, pois dispuxera doutra moi clara ocasión minutos antes, que tivo que atallar o cancerbeiro visitante despois de dúas grandes intervencións, a disputa o Xuventú Aguiño, tras efectuar o lanzamento dunha falta nun dos costados da área. Cando peor se presumía o desenlace do encontro para o Sárdoma CF, un riguroso penalti transformado por Pedro outorgoulle o inxusto triunfo para desconsolo e indignación das gradas, xogadores e corpo técnico local.
A vindeira cita será na tarde do próximo sábado fronte ao cuarto clasificado da liga, Montañeros, nas Relfas; a recompensa é ascender un banzo, como mínimo, na clasificación de gañar o encontro, o Sárdoma CF é quinto nestes intres, en detrimento do contrario, agardemos que os rapaces saian concienciados diso.
Aburiño¡¡